martes, 27 de abril de 2021

II PREMIO DE INVESTIGACIÓN CARLOS G. OTERO DÍAZ

 CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 18 de marzo de 2021 que convoca o II Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.

Obxecto
Distinguir aqueles traballos de investigación cuxo contido garde relación coa prevención da corrupción nas administracións públicas.

Persoas beneficiarias
Autores ou coautores de traballos de investigación, que teñan o seu domicilio en calquera dos Estados membros da Unión Europea, que poderán ter a condición de persoa física ou grupo de investigación composto por persoas físicas, baixo a coordinación dun dos seus integrantes, que actuará como representante do grupo e responsable do traballo para os efectos oportunos.

Importe
A dotación económica do I Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz é de 4.500 euros, distribuídos da seguinte forma:
Primeiro premio: 3.000 euros.
Segundo premio: 1.500 euros.
Accésits: no caso de seren declarados desertos o primeiro e o segundo premios, poderanse conceder ata tres accésits de 1.000 euros cada un.

Prazo de presentación
O prazo iníciase o día seguinte ao da publicación da convocatoria e remata o 31 de outubro de 2021.