A consellería de Emprego
e Igualdade e a Fundación Ronsel veñen de asinar o convenio para pór en marcha
o 2º programa de
Mentoring Traballo Autónomo desta
entidade.
Este programa
está dirixido a que as persoas profesionais autónomas de Galicia
consoliden os seus negocios, estando orientado este ano de xeito especial a
reducir o impacto negativo da COVID-19 nas empresas.
Esta nova
edición iníciase coa expectativa de chegar a 200 persoas traballadoras autónomas: 70 na
provincia da Coruña, 70 en Pontevedra, 30 en Lugo e 30 en Ourense.
Arranca co triplo
obxectivo de reducir os riscos das persoas autónomas na súa actividade
profesional, acompañalas na consolidación dos seus negocios e contribuír,
mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos e
actividade económica. O actual contexto fai que o enfoque da nova edición se
redirixa a paliar ademais o impacto negativo da pandemia no traballo autónomo.
Nesta edición terán un
acceso preferente ao programa as persoas traballadoras autónomas que teñan
recibido algunha axuda dos dous Plans de Rescate da Xunta e, nun segundo grupo,
as persoas beneficiarias de calquera outra axuda da Administración autonómica.
Darase prioridade ademais a profesionais cunha antigüidade mínima de 42 meses
de actividade profesional, que contan cunha base para aproveitar con maior
éxito os coñecementos que lle poidan aportar os mentores.
O prazo para a
solicitude permanecerá aberto
ata o 30 de abril e a inscrición é a
través do portal da Oficina do emprego autónomo dispoñible a través deste
enlace.