miércoles, 24 de septiembre de 2025

XORNADA FORMATIVA: REAPROVEITAMENTO ALIMENTARIO

 



A Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, AGACA, conxuntamente coa Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, AEIGA, convídanvos a participar na Xornada Reaproveitamento Alimentario, oportunidades de negocio.

A principios do presente ano publicouse a Ley 1/2025, de 1 de abril, de prevención de las pérdidas y el desperdicio alimentario. A Lei1/2025 afecta a tódolos axentes da Cadea Alimentaria, dende a produción primaria (agricultores, gandeiros) e a transformación (industrias alimentarias), ata a distribución (maioristas e minoristas), o sector da hostalería e restauración (HORECA), e as entidades da economía social que se dedican á doazón de alimentos, así como ás administracións públicas, coa excepcións para as microempresas e pequenas explotacións agrarias, ou empresas de ata 1.300 m² de superficie útil comercial.

Por este motivo, dúas entidades da representativas da Economía Social de Galicia propuxémonos colaborar coa finalidade de compartir un proxecto conxunto acollido ás axudas da Rede Eusumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para avaliar as oportunidades de negocio que poidan xurdir no Reaproveitamento Alimentario (motivo deste convite á Xornada) e estudar as perdas e o desperdicio alimentario no ámbito agroalimentario de Galicia (Xornada que convocaremos a finais de outubro).


O Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA considera que a perda e o desperdicio alimentario é unha oportunidade para explorar a posibilidade e mesmo establecer proxectos empresariais colaborativos entre as empresas de inserción laboral e as cooperativas agroalimentarias. Por iso, animamos a tódalas persoas interesadas en coñecer esta Lei 1/2025 de prevención da perda e o desperdicio alimentario e as sinerxías que promove a mesma entre entidades da Economía Social a inscribirse, antes do día 2 de outubro, en https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScEHjPJEyBYWYtS8M_aX2WNOEkEris_IUV5pGWtWvYW60155g/viewform