lunes, 8 de septiembre de 2025

BOLSAS SANTANDER 2025 PARA ESTUDANTADO QUE INICIOU ESTUDOS DE DOUTORAMENTO NA UNIVERSIDADE DE VIGO NO CURSO 2024-2025

 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 28 de agosto de 2025 pola que se convocan as bolsas Santander Axuda Económica 2025, Premios á Excelencia Académica, para o estudantado que iniciou estudos de doutoramento nesta universidade no curso 2024/25.

Obxecto
O obxecto desta convocatoria é atender de maneira especial o novo estudantado da Universidade de Vigo que está a realizar desde o curso académico 2024/25 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.

Persoas beneficiarias
Alumando matriculado por primeira vez en estudos de doutoramento da Universidade de Vigo no curso académico 2024/25.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 29 de agosto ata o 15 de outubro de 2025.