Consellería do Medio Rural
Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para conceder axudas, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, para realizar actividades de interese agrario (código de procedemento MR321A), e convocalas para o exercicio orzamentario 2025.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:
1. As organizacións profesionais agrarias.
2. As asociacións agrarias.
Actividades subvencionables
Serán subvencionables os custos derivados das seguintes actividades realizadas entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025:
a) Funcións e actuacións que lles son propias conforme a normativa legal.
b) Funcións ordinarias de xestión interna.
c) Representación perante as institucións.
d) Participación nos órganos colexiados constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados (mesas, comisións, etc.).
e) Formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario.
f) Fomento do asociacionismo agrario.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.