Axencia Galega de Innovación
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da convocatoria VInnovate Galicia. A través dela articúlase o financiamento dos axentes galegos participantes na segunda convocatoria do Mecanismo interrexional Vinnovate.
Estas axudas teñen como obxectivo potenciar unha maior colaboración e presenza europea e internacional dos axentes do sistema galego de I+D+i, promovendo a realización de proxectos colaborativos interrexionais de I+D. A participación nestes proxectos internacionais estratéxicos contribúe ao impulso e a consolidación da Marca Galicia, definida no marco da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.
Así mesmo, mediante esta resolución, convócanse ditas axudas para o ano 2025, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas desta resolución os organismos de investigación e empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia que realicen proxectos de desenvolvemento experimental en colaboración.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de outubro de 2025, debendo cumprirse o prazo mínimo dun mes.