Xornada sobre Oportunidade de
Negocio de PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA, que se desenvolverá o día 17 de setembro
(mércores) de 2025 en modo ONLINE. Esta Xornada é para tratar de
informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas na PRODUCIÓN DE
MAZÁ DE SIDRA e/ou inquedanzas nesta produción e en obter ingresos
económicos do agro, e buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural,
ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa están a desenvolver no
mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada
interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas e asociacións que nos
contarán a súa experiencia na PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA. Na Xornada
contémplase un análise e plan de como debe ser a produción de mazá de sidra
dendê un centro de investigación de Galicia, e mesmo como deben ser os
contratos cos llagares, os custos de produción, as posibles e
necessárias axudas PAC, etc. Achegamos programa previsto.
Para poder asistir e participar na Xornada
PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA é preciso inscribirse previamente, para aceder á conexión
deben inscribirse aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/qX7z3V9oSQW7ruHDeTK0Yw#/registration
Procedan a inscribirse para recibir o
enlace á videoconferencia e poder participar. Pregamos non se esquezan de
inscribirse se desexan participar.

