Dende a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ponse en marcha un novo espazo de apoio ás persoas autónomas e ás empresas galegas afectadas polos incendios do verán de 2025.
Co obxectivo de axudarlles a remontar e retomar a súa actividade, crearon un escaparate virtual que permite dar visibilidade aos proxectos e servizos máis impactados polos lumes. O acceso ao escaparate atópase no seguinte enlace: https://escaparate.empregoengalicia.gal/
Inclúe a información sobre o proxecto e os pasos a seguir para solicitar a
alta no directorio a través dun formulario que xa se encontra dispoñible.
Este espazo nace para revitalizar o tecido económico local e achegar estas iniciativas a un público máis amplo, favorecendo así a súa recuperación e fortalecemento.
En 4 sinxelos pasos as persoas que están ao fronte do seu propio proxecto ou prestan servizos e a súa actividade se viu afectada polos incendios, teñen a oportunidade de mellorar a visibilidade deste traballo, acceder a novos públicos e integrarse nunha rede de apoio mutuo para a reactivación económica dos territorios máis impactados.
