Consellería do Medio Rural
ObxectoEsta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias formadas por persoas titulares de explotacións agrarias.
Investimentos elixibles
Serán elixibles os investimentos produtivos que teñan como obxectivo contribuír a:
a) Accións de mitigación ou adaptación ao cambio climático.
b) Investimentos para a xestión eficiente dos recursos auga, solo e aire.
c) Mellora da eficiencia enerxética e produción de enerxías verdes.
d) Investimentos para a mellora do benestar animal.
e) Investimentos en medidas de bioseguridade nas explotacións agrarias.
Porcentaxe e contía máxima da axuda
1. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
a) 10 % no caso de proxectos estratéxicos de interese xeral para a comunidade autónoma.
b) 10 % no caso de entidades con máis do 30 % de titulares de explotacións agrarias de produción ecolóxica.
c) 5 % cando máis do 50 % das persoas socias titulares de explotacións agrarias sexan mulleres ou acrediten máis do 50 % do capital social.
2. No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.
3. A contía máxima da axuda establécese en 3.000.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.