AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS E OUTRAS ACCIÓNS DE FOMENTO.
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ORDE do 11 de setembro de 2025 pola que se acorda a ampliación da dotación orzamentaria establecida para as axudas da Axencia Galega de Innovación na Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).