Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo,
convocamos a Xornada de PRODUCIÓN DE KIWI que
se desenvolverá online o día 23 de maio.
Esta Xornada é para tratar de informar,
posibilitar, asesorar e orientar ás persoas con producións e/ou inquedanzas
nesta actividade coa finalidade de obter ingresos económicos da mesma de xeito
que sexa unha saída económica e/ou laboral no medio rural, ou mesmo para
complementar ingresos de actividades que xa están a desenvolver no mesmo. Na
Xornada interveñen expertos neste ámbito, e mesmo persoas que nos contarán a
súa experiencia na produción de KIWI: mercados, tendencias, zonas de posible
implantación, axudas e apoios, aspectos técnicos, …. Achegamos programa
previsto.
Dende AGACA entendemos que coas
novas condicións de temperaturas ocasionadas polo cambio climático, amplíanse
as comarcas galegas onde se pode producir este froito.
Para poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN
DE KIWI é preciso inscribirse previamente no seguinte enlace