lunes, 27 de mayo de 2024

BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS 2024

 CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ORDE do 13 de maio de 2024 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2024 (código de procedemento PL500E).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, sete (7) bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.