CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior (procedemento PR804B).
Para os efectos desta convocatoria, enténdese por microproxectos aquelas intervencións puntuais, de limitada intensidade, de duración non superior aos doce (12) meses, que teñan por obxecto fortalecer e/ou complementar outras actuacións levadas a cabo por axentes de cooperación no mesmo territorio
Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións deberán estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, na sección A: Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, e na sección D: Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.