miércoles, 29 de marzo de 2023

CURSOS DE FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE PRIMEIROS AUXILIOS, LOITA CONTRA INCENDIOS E EVACUACIÓN

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos de formación en prevención de riscos laborais de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Requisitos das persoas participantes
Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, e de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do Edificio Administrativo de Lugo.
Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Acceso ás actividades formativas de emerxencia e primeira intervención
O acceso será a través da páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal> e, unha vez dentro, haberá que seguir as seguintes instrucións:
1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estea rexistrado/a, este paso non será necesario).
2. A EGAP procederá á matriculación do alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
3. Unha vez rexistrado/a e matriculado/a, poderá acceder ao curso o día do seu comezo.
4. Antes de que comece o curso, o/a titor/a enviaralle un correo electrónico ao alumnado coa guía do curso, que conterá a data de comezo, as instrucións, os obxectivos, o cronograma e o método de avaliación do curso.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.