lunes, 20 de marzo de 2023

APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular no ano 2023, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas directas e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control indicadas no artigo 2 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 e do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, e convocar:
– As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027(PEPAC), anualidade de 2023.
– As primas anuais de mantemento asociadas ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais e para o establecemento de sistemas agroforestais (solicitudes de pagamento da anualidade de 2023 das submedidas 08.10 e 08.20 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas (solicitudes de axuda e pagamento para a anualidade de 2023 da medida 13 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).
– As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC) (solicitudes de axuda e solicitudes de pagamento da anualidade 2023).


Persoas beneficiarias
– Os pagamentos directos indicados no número 1 do artigo 2 desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria.
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (medida 13) recollidas no capítulo II do título III desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e non pluriactivo.
– O pagamento das axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 recollidas no capítulo III do título III desta orde só se concederán ás persoas agricultoras que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou en varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.
– Os pagamentos das axudas forestais do Programa de desenvolvemento rural indicadas no capítulo IV do título III desta orde só se concederán:
• Ás persoas que teñan concedida a prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, ou da Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, ou da Orde do 16 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
• Ás persoas que teñan concedida a prima de mantemento ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, ou da Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais ou da Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.

Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2023, iniciarase desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de maio, ambos incluídos.
Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 15 de xuño incluído.