jueves, 22 de junio de 2017

DETERMINACIÓN DE ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 15 de xuño de 2017 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.

As análises espazo-temporais dos lumes forestais en Galicia nos últimos vinte anos reflicten dúas épocas cun incremento notable da actividade incendiaria e, polo tanto, débense considerar como épocas de perigo alto de incendios:
– Unha época fixa no período estival, que se corresponde normalmente coa campaña de incendios, durante os meses de xullo, agosto e setembro.
– Unha época variable, cunha duración aproximada dun mes, que oscila normalmente entre os meses de febreiro, marzo e abril.
Nestas épocas o despregamento de medios de extinción e alerta deberá ser máximo, en función dos índices de risco.