AS NOGAIS
Anuncio
Por Xunta de Goberno do 15 de xuño de 2017, foron aprobadas as bases específicas para a selección e
posterior contratación de 10 traballadores/as para a formación de dúas “brigadas de prevención e defensa
contra incendios” , 1 traballador para actuacións de desbroces mecanizados e 3 traballadores para actuacións
de Vehiculo Motobomba o abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o
Concello de As Nogais para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a
actuación de medios de prevención e defensa, para os seguintes postos:
- 2 Xefes de brigada.
- 2 Peóns condutor
- 6 Peóns de brigada.
- 1 Peón tractorista.
- 3 Condutores motobomba
Duración dos contratos: 3 meses.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio de
convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 8.00 a 15.00 horas, de luns a venres.
Mais información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no taboleiro de edictos
do concello de As Nogais.
Este proceso selectivo está exento de taxas.
As Nogais, 16 de xuño de 2017.- O Alcalde, Jesús Manuel Núñez Díaz.
R