viernes, 13 de marzo de 2015

SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS DE LOUSA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA



 Obxecto 
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de cubertas con lousa para obter melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
3. En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.
4. Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Prazo de solicitude:
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará aos tres meses do día seguinte ao da publicación da presente orde.