viernes, 27 de marzo de 2015

SELECCIÓN PERSOAL PARA PROXECTO LUGO-PACTO PROVINCIAL POLO EMPREGO II

DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO-SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS



ACORDO:
 1º.- Aprobar as Bases que rexerá o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso - oposición libre para a cobertura provisional, con funcionarios interinos (art. 10.1.c do EBEP), de seis empregos de Técnicos de Xestión de Programas de Emprego. Estando previsto que o período de execución, no seu aspecto formativo, do Programa Lugo-Pacto Provincial polo Emprego II”, remate o 30 de setembro de 2015, os funcionarios interinos nomeados para tal fin cesarán nesa data, ou con anterioridade no momento en que os servizos dos ditos Técnicos deixen de ser necesarios, urxentes e prioritarios.
 2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar no proceso selectivo ao obxecto de cubrir seis empregos de: Nº EMPREGOS DENOMINACIÓN GRUPO / SUBGRUPO TITULACIÓN 6 Técnicos de xestión de programas de emprego. A/A2 Titulo universitario de grao ou Diplomatura universitaria ou equivalentes. 
3º.- Ordenar que se realicen cantos trámites sexan necesarios para desenvolver os procedementos selectivos. 
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
Os interesados dirixirán as solicitudes, no modelo oficial que se publica como Anexo I destas bases e que tamén se facilitará na Unidade de Selección, Promoción e Carreira e na páxina Web da Entidade, ao Presidente da Deputación Provincial.
A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo, ou a través das formas establecidas no artigo 38 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos, deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
O prazo límite de presentación de solicitudes alcanzará ata o 10 día a contar dende o día seguinte da publicación destas bases no BOP.
A solicitude de participación no proceso selectivo, deberá ser cumprimentada debidamente polos aspirantes
e nela relacionarán, nos apartados correspondentes, os méritos que aleguen. Os méritos relacionados acreditaranse conforme se establece na base 10.