lunes, 16 de marzo de 2015

PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER AOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
O obxecto desta resolución é convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave. Así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade.
Competencias clave que se convocan
1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:
• Comunicación en Lingua Galega.
• Comunicación en Lingua Castelá.
• Comunicación en Lingua Estranxeira (inglés).
• Competencia Matemática.
2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3, son Competencia Matemática, Comunicación en Lingua Castelá e Comunicación en Lingua Galega.
A competencia de Comunicación en Lingua Estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de Lingua Estranxeira e que se especifican no anexo VI desta resolución.
Presentación de solicitudes e prazo
1. A participación nestas probas deberá formalizarse presentando unha solicitude segundo o modelo do anexo I desta resolución, dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións.
2. O prazo para presentala é a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata o 10 de abril de 2015.