jueves, 7 de julio de 2022

PREMIOS DO PROGRAMA XUVENTUDE CREA


 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 17 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS310Q).

Obxecto
O obxecto é establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e convocalos para o ano 2022.

Persoas destinatarias
Serán destinatarias da convocatoria as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2022, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na cal solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de arte urbana, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, música e teatro, a participación será sempre a título individual.
Aquelas persoas que gañasen o primeiro premio dunha especialidade das convocadas na edición do ano anterior non poderán participar na mesma especialidade na presente convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.