VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Obxecto
Concesión das axudas con base no «Acordo da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, do 14 de abril de 2021, polo que se aproban os créditos de repartición e da distribución territorial de créditos relativos á aplicación do Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, para a modificación de tendidos eléctricos causantes de electrocución a especies de avifauna ameazada».
Entidades beneficiarias
Poderán ter condición de beneficiarias calquera entidade, pública ou privada, que teña a titularidade dalgunha ou varias liñas eléctricas existentes de alta tensión con condutores espidos localizadas total ou parcialmente nas zonas de protección de avifauna establecidas pola Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia nas cales serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste extracto no DOG (Diario Oficial de Galicia).