AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA
Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para desenvolver actividades de formación continua profesional orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, a gandaría, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeireira na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2019.
2. A convocatoria das subvencións previstas nesta resolución realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas as entidades colaboradoras privadas, inscritas no Rexistro Administrativo de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural, que deberán cumprir co establecido na Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se ditan normas relativas á inscrición no Rexistro de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria e sobre o procedemento de homologación dos cursos realizados por estas entidades e a expedición de certificados e diplomas oficiais por parte da Administración pública, así como no Rexistro de Entidades de Formación en Materia de Benestar Animal, reguladas polo Decreto 60/2007, do 22 de marzo, e demais normas que se desenvolvesen ao abeiro da súa normativa.
Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes estarán dirixidas á Agacal e presentaraas a entidade solicitante, que debe cumprir o disposto nos artigos 2 e 11 da presente resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG.