VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Obxecto
A concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan de recursos suficientes, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nadas en Galicia.
b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nadas en Galicia.
Todas as persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de agosto de 2019, incluído.