martes, 24 de febrero de 2015

SUBVENCIÓNS PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL E EQUIPAMENTOS ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades galegas no exterior, para a realización dos seguintes programas:
Programa A. Axudas para a ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e/ou do seu patrimonio cultural.
Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar as devanditas subvencións para o ano 2015.
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as seguintes entidades:
1. Entidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
2. Entidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade e normativa de desenvolvemento.
3. Entidades resultantes de procesos de unión ou fusión xa rematados, que teñan solicitado o recoñecemento da súa galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta resolución as entidades galegas que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión ou fusión mentres o devandito proceso non estea rematado.
Prazo de solicitude: ata o 24 de marzo de 2015.