miércoles, 25 de febrero de 2015

AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS NO MARCO DO PROGRAMA ERASMUS +

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de febreiro de 2015 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2014/15.

Obxecto
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2014/15.
Requisitos dos/as solicitantes
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de ensinanzas artísticas superiores de centros públicos que cumpra os seguintes requisitos:
a) Ser cidadán da Unión Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.
b) Estar matriculado no curso 2014/15 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
c) Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade por estudos no curso 2014/15.
d) Que a duración mínima da estadía, para os efectos de concesión da bolsa, sexa de tres meses, e a máxima de nove meses.
e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
Prazo de solicitude: ata o 25 de marzo de 2015.