CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2015.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
Requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.
Datas e lugares de inscrición
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo I, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2014/2015. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 ao 20 de abril de 2015, ambos os dous incluídos.
Presentación de solicitudes e inscrición
1. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedimiento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se quere enviar para garantir que a data de remisión é anterior á de finalización do prazo de presentación.
2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
Realización da proba
1. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 3 de xuño de 2015 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Requisitos das persoas participantes
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e se atopen nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter dezanove anos ou facelos no ano natural de realización da proba.
b) Facer ou ter feitos os dezaoito anos no ano natural de realización da proba, e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que se opta, consonte o que se establece no anexo VII.
Datas e lugares de inscrición
A solicitude de inscrición, segundo o modelo do anexo II, para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior irá dirixida ao director ou á directora de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2014/2015 (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro). O prazo de presentación estará abranguido entre os días 23 de febreiro e 6 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
Presentación de solicitudes e inscrición
1. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se quere enviar para garantir que a data de remisión é anterior á finalización do prazo de presentación.
2. As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
Realización da proba
A estrutura e a organización da proba están definidas no artigo 39.3 do Decreto 114/2010.
1. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 29 de abril de 2015 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 10.15 ás 13.30 horas: parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII desta resolución).
2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición.