VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e as entidades galegas no exterior para a realización de obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega, dirixidos ás persoas asociadas galegas e aos seus descendentes, así como a aquelas persoas interesadas no feito cultural de Galicia ou que participen nas actividades da asociación.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, procédese á convocatoria deste programa para o ano 2015.
Entidades beneficiarias
Poderán solicitar a organización destes obradoiros as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como as agrupacións, federacións ou unións destas entidades, co fin de pór en común os medios e recursos dispoñibles.
Os obradoiros de folclore están dirixidos ás entidades que teñan grupos ou escolas de folclore constituídas da modalidade solicitada.
Os obradoiros artesanais están dirixidos ás entidades que teñan un obradoiro no cal un grupo de persoas se dedique a desenvolver esas actividades.
Os obradoiros de cociña e os seminarios de cultura galega están dirixidos a entidades que conten con instalacións e equipamentos axeitados para o seu desenvolvemento e teñan entre os seus obxectivos a promoción e difusión dos costumes e cultura de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 19 de marzo de 2015.