lunes, 16 de febrero de 2015

PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS FÓRA DE GALICIA

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


 Obxecto
1. A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a realización de obradoiros culturais de especialización de carácter presencial dirixidos ás entidades galegas do exterior e ás persoas galegas residentes fóra de Galicia.
2. Así mesmo, é obxecto desta resolución a convocatoria de axudas para participar nos obradoiros para o ano 2015.

Persoas beneficiarias e requisitos
1. Persoas xurídicas.
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
Igualmente, e de conformidade co establecido nas disposicións transitorias terceira e cuarta da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, tamén poderán ser beneficiarias as entidades recoñecidas pola normativa anterior á devandita lei.
As entidades solicitantes deberán ter constituídas escolas ou grupos consolidados da especialidade que soliciten con actividade continuada, cando menos, nos dous últimos anos.
Tamén poderán ser beneficiarias as entidades que, non cumprindo o establecido no parágrafo anterior, tivesen grupos constituídos nos últimos dez anos e estean no seu proceso de recuperación.
Para solicitar o obradoiro de confección de traxe tradicional galego, a entidade galega deberá ter grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido como mínimo durante catro anos.
As persoas propostas deben ser maiores de 18 anos e menores de 65 e responsables de impartir a docencia na modalidade solicitada, dentro da entidade solicitante. Malia o anterior, mediante resolución razoada, á vista de circunstancias excepcionais de excelencia ou dedicación nas materias que se van impartir no obradoiro correspondente, a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración poderá autorizar a participación dalgunha persoa maior ou menor destas idades.
As persoas propostas pola entidade non poderán ter participado no programa Escolas abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así fose quedarán excluídas.
Non poderán ser beneficiarias as entidades nas cales concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Persoas físicas.
Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as persoas emigrantes galegas e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade, maiores de 18 anos e menores de 65, residentes fóra de Galicia, que acrediten ser responsables de impartir docencia na modalidade que soliciten e que cumpran os requisitos solicitados para o resto de participantes.
Non poderán ser beneficiarias as persoas nas cales concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin poderán ter participado no programa Escolas abertas máis de dúas veces nos últimos catro anos, en calquera modalidade. Se así fose quedarán excluídos.
Os requisitos teñen que cumprirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.
Prazo de solicitude: ata o 4 de marzo de 2015.