viernes, 27 de febrero de 2015

PREMIOS Á COOPERACIÓN 2015

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Finalidade
Estes premios teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os cooperativistas, cooperativas e outras persoas e institucións veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.
Destinatarios
1. Poderán optar a estes premios as cooperativas e as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.
2. Non poderán resultar premiadas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Modalidades
Os premios á cooperación convócanse baixo as seguintes modalidades:
a) Premio aos valores cooperativos.
b) Premio ao mellor proxecto cooperativo.
c) Premio á promoción do cooperativismo.
Contía dos premios
Outórganse os seguintes premios:
– Premio aos valores cooperativos, cunha dotación económica de 5.000 euros.
– Premio ao mellor proxecto cooperativo, cunha dotación económica de 5.000 euros.
– Premio á promoción do cooperativismo, cunha dotación económica de 5.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos remata o 15 de maio de 2015. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes e os traballos poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.