lunes, 12 de mayo de 2025

XORNADA OPORTUNIDADE DE NEGOCIO: RESINA

 



A busca de alternativas produtivas agrogandeiras en Galicia e a súa posible cooperativización  é unha inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias. É necesario facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para terras en proceso de abandono do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agrarias ou gandeiras complementarias ás tradicionais actividades desenvoltas polas persoas socias das cooperativas.

 

Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo e en colaboración con cooperativas, convocamos a Xornada sobre Oportunidade de Negocio de EXTRACCIÓN DE RESINA, que se desenvolverá o día 15 de maio de 2025 en modo ON LINE. Esta Xornada é para tratar de informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas con interese na extracción de resina e/ou inquedanzas nesta actividade e obter ingresos económicos no ámbito agroforestal, e buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural, ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa están a desenvolver no mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas que nos contarán a súa experiencia na produción de RESINA. Achegamos programa definitivo.

 

Para poder asistir e participar na Xornada EXTRACCIÓN DE RESINA é preciso inscribirse previamente no seguinte enlace https://agaca.coop/gl/resina/

 

Procedan a inscribirse para recibir o enlace á videoconferencia e poder participar.