A busca de alternativas produtivas
agrogandeiras en Galicia e a súa posible cooperativización é unha
inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA
desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias.
É necesario
facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para terras en proceso de
abandono do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agrarias ou
gandeiras complementarias ás tradicionais actividades desenvoltas polas persoas
socias das cooperativas.
Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo e en colaboración con
cooperativas, convocamos a Xornada
sobre Oportunidade de Negocio de CRIANZA DE PORCO CELTA, que se desenvolverá o
día 12 de xuño (xoves) de 2025 en modo ONLINE. Esta Xornada é para
tratar de informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas na
CRIANZA DO PORCO CELTA e/ou inquedanzas nesta produción e en obter
ingresos económicos do agro, e buscar unha saída económica e/ou laboral no
medio rural, ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa están a
desenvolver no mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na
Xornada interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas e
cooperativas que nos contarán a súa experiencia na CRIANZA DE PORCO CELTA.
Faremos unha comparativa coa cría de Porco Ibérico, coñeceremos as
características da carne de porco celta, coñeceremos os seus efectos sobre o
solo e a biodiversidade, coñeceremos proxectos de porco celta e experiencias de
comercialización e produción. Achegamos programa previsto.
Para
poder asistir e participar na Xornada CIANZA DE PORCO CELTA é preciso
inscribirse previamente, para aceder
á conexión deben inscribirse aquí: https://agaca.coop/gl/porco-celta-2025/
Procedan a inscribirse para recibir o enlace á videoconferencia e poder
participar. Pregamos non se esquezan de inscribirse se desexan participar.