CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Obxecto
1. A presente orde ten por obxecto convocar para o ano 2024 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia.
2. A presente orde publicarase no Diario oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural.
Persoas beneficiarias
Poderán optar a estes premios todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) de tal xeito que consten na base de datos deste laboratorio os resultados das mostras de leite correspondentes ao período de referencia, que comprende desde o mes de agosto de 2023 ao mes de xullo de 2024.