viernes, 4 de febrero de 2022

PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE LABORAL, A CONCILIACIÓN E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL, 2022

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras, para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.
No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.
Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.
Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.