CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2019/20 nos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
Estudantes que remataron brillantemente os seus estudos conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2019/20, nos centros dependentes da Xunta de Galicia, cunha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.