jueves, 20 de mayo de 2021

EXPANSIÓN DO ÁMBITO TERRITORIAL DE APLICACIÓN DA TARIFA ESPECÍFICA XENTE NOVA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se culmina o procedemento de expansión do ámbito territorial de aplicación da tarifa específica Xente Nova ao conxunto do transporte público da competencia da Xunta de Galicia.

 Realizar, con efectos do 21 de maio de 2021, a expansión definitiva do ámbito de aplicación territorial da tarifa Xente Nova aos servizos públicos interurbanos de transporte regular de viaxeiros por estrada de uso xeral da titularidade da Xunta de Galicia que se desenvolvan no conxunto da Comunidade Autónoma galega, para calquera relación de tráficos que teña orixe e destino en Galicia.

As condicións de acceso e utilización desta tarifa serán as establecidas pola Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se regula a tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (DOG nº 248, do 31 de decembro).

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ante este mesmo órgano administrativo, ou ben, alternativamente, poderá ser impugnada directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde a súa notificación ou publicación.