AXENCIA TURISMO DE GALICIA
BDNS (Identif.): 484300.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
A Axencia Turismo de Galicia comunicará á actual persoa beneficiaria da bolsa a nova duración, co obxecto de que manifeste por escrito a súa conformidade no prazo de dez días contado desde a recepción da notificación.
No caso de que a persoa beneficiaria manifeste a súa non disposición para a realización total ou parcial da estadía, deberá comunicalo no mesmo prazo á dirección xeral, quen emitirá resolución expresa, autorizando ou denegando as pretensións solicitadas.
A denegación, de ser o caso, dará lugar a unha nova concesión, empregándose a prelación da listaxe de reserva, segundo o disposto no artigo 12 das bases da convocatoria. As persoas adxudicatarias incorporaranse segundo o establecido na dita orde e terán as mesmas obrigas que as persoas candidatas inicialmente seleccionadas.
A renuncia á bolsa dará lugar á perda dos dereitos económicos da parte da bolsa non gozada.
Segundo. Modificación do crédito orzamentario
Habilítase para esta ampliación o importe de vinte e seis mil novecentos vinte e catro euros con sesenta e catro céntimos (26.924,64 €), que se distribuirá do seguinte xeito:
Anualidade 2021:
05.A2.761A.480.0: 10.943,60 €.
05.A2.761A.484.0: 275,00 €.
Anualidade 2022:
05.A2.761A.480.0: 15.321,04 €.
05.A2.761A.484.0: 385,00 €.