AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA
Primeiro. Bases
Aprobar as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias da Axencia Galega da Calidade Alimentaria para a celebración de contratos laborais de duración determinada con persoal investigador asociado a proxectos vinculados ao catálogo de liñas de investigación dos centros de investigación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (código de procedemento MR325A).
En ningún caso as listas obxecto desta resolución poderán aplicarse para a cobertura temporal de postos de persoal investigador que forme parte da relación de postos de traballo da Agacal e pertenza aos distintos corpos ou escalas de persoal funcionario.
Segundo. Convocatoria 2021
Abrir un prazo de 20 días hábiles para a presentación de solicitudes de incorporación nas listas no ano 2021, contados desde as 00.00 do día seguinte ao da publicación ata as 23.59 do vixésimo día hábil posterior.
Terceiro. Aceptación das bases
A participación neste proceso de elaboración da lista de contratación por parte do/da candidato/a supón a aceptación íntegra das presentes bases.
Cuarto. Entrada en vigor
A presente resolución entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. Impugnación
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o presidente da Agacal, nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.