jueves, 6 de mayo de 2021

AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS DO PROGRAMA ERASMUS+

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 22 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2020/21 (código de procedemento ED322A).

Obxecto
Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2020/21.

Requisitos
Cidadáns/ás da Unión Europea ou estranxeiros/as non comunitarios/as con residencia legalizada no Estado español, matriculados/as no curso 2020/21 en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas artísticas superiores, que obtivesen unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2020/21 e non gozasen desta axuda en convocatorias anteriores.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.