martes, 16 de junio de 2020

SUBVENCIÓN A EMPRESAS PRIVADAS QUE SE DEDIQUEN Á ELABORACIÓN DE ROCHA ORNAMENTAL, PARA A LOITA CONTRA A ENFERMIDADES PROFESIONAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ás empresas que se dediquen á elaboración de rocha ornamental, así como a súa convocatoria para o ano 2020, que teñen por obxecto incentivar a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, especificamente as que poidan derivar dunha exposición prolongada ao po, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias
Empresas privadas con centros de traballo de elaboración de rocha ornamental localizados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que a subvención solicitada teña por obxecto mellorar as condicións laborais nos ditos centros de traballo localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.
En calquera caso, para os efectos de esta orde, considéranse actividades de elaboración de rocha ornamental aquelas actividades incluídas na sección C e, en concreto, na clase 23.70 do CNAE.
Para os efectos do disposto nesta orde considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará o décimo día hábil posterior a aquel en que se publique esta orde no DOG, e concluirá no mes de vencemento o día ordinal anterior ao día en que comezou o prazo.