PARLAMENTO DE GALICIA
A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 4 de xuño de 2020, acordou aprobar as bases da convocatoria para a concesión das seguintes bolsas individuais para contribuír á formación práctica de persoas graduadas universitarias e relacionadas coa actividade da institución:
a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.
c) Dúas bolsas de formación en publicacións.
d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.
e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.
E unha bolsa de formación adicional nunha das modalidades anteriores, reservada para
persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % co fin de contribuír a súa integración
laboral.
As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina
web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).
As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao
da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.