martes, 2 de junio de 2020

PROGRAMA RE-ACCIONA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto conceder axudas ás pemes destinatarias dos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas, dentro do programa Re-acciona.
As axudas configúranse como axudas en especie, da disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A dita axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape ou, se é o caso, a Amtega, pola prestación do servizo e o importe esixido ás pemes beneficiarias en concepto de cofinanciamento.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

Prazo de presentación de solicitudes
Convocatoria 2020.1: comeza o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e remata o 2.7.2020.
Convocatoria 2020.2: comeza o 6.7.2020 e remata o 17.9.2020.
Convocatoria 2020.3: comeza o 21.9.2020 e remata o 5.11.2020.
Convocatoria 2020.4: comeza o 9.11.2020 e remata o 28.12.2020.