jueves, 25 de junio de 2020

CONVOCATORIA PRAZAS DE RESIDENCIA PARA PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS DA CORUÑA, OURENSE E VIGO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 5 de xuño de 2020 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2020/21 (código de procedemento ED308A).

Obxecto e ámbito de aplicación
1. A presente orde ten por obxecto regular o procedemento (ED308A) para adxudicar prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2020/21.
2. O número de prazas ofertadas é o seguinte:
Centro residencial docente da Coruña: 18 prazas.
Centro residencial docente de Ourense: 6 prazas.
Centro residencial docente de Vigo: 6 prazas.
3. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estea aberta aos residentes.

Requisitos persoais e dispoñibilidade
1. A persoa solicitante deberá ter os seguintes requisitos:
a) Dezaoito anos feitos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2020.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
2. A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teña que realizar o devandito labor de apoio.

Requisitos académicos
1. A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2020/21.
2. Considéranse estudantes en réxime de dedicación académica a tempo completo os matriculados no número de créditos indicado a seguir:
a) Estudos de grao: 60 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.
Estes solicitantes terán preferencia na adxudicación de prazas.
3. Non obstante, as persoas solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculadas no número mínimo indicado a seguir:
a) Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50 % dos créditos indicados na epígrafe 2.b).

Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 7 de agosto de 2020.