lunes, 10 de febrero de 2020

SUBVENCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS E TRADUTORAS NAS ACTIVIDADES QUE SE REALICEN NO SECTOR DO LIBRO NO 2020

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que establecen o procedemento de concesión de subvencións a persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega facilitando a súa participación en actividades de dito sector que se celebren no ano 2020 (código do procedemento CT221A).
Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte, que permitan a asistencia as seguintes actividades realizadas no sector do libro: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2020.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde, as persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega, que cumpran, ademáis, os seguintes requisitos debidamente acreditados:
a) Terse inscrito e asistido a nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro no prazo establecido na presente convocatoria.
b) Que acrediten o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
c) Ter publicado obra en Galicia ben como persoa escritora, ilustradora ou tradutora, para a que se solicita a subvención, nos tres anos anteriores á publicación da presente orde.
2. En todo caso, estarán suxeitas ás limitacións que establece o punto seguinte deste artigo.
3. Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se encontren nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación de esta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de outubro de 2020 (inclusive).