martes, 11 de febrero de 2020

AXUDAS AO ALUMNADO DO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA PARA CURSAR ESTUDOS COMPLEMENTARIOS PARA A OBTENCIÓN DUN TÍTULO OFICIAL EN DIRECCIÓN HOTELEIRA NO ESTRANXEIRO NO CURSO 2019/20

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto e réxime
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á matrícula para os/as alumnos/as que, tendo finalizados os estudos do Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou Diploma Superior en Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, vaian realizar estudos complementarios para a obtención dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2019/20, así como efectuar a súa convocatoria para o curso 2019/20 (código de procedemento TU200B).

Beneficiarios/as
Para poder optar á concesión dunha axuda deberán cumprirse as seguintes condicións:
1. Ser español ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. De conformidade co disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes e queda excluído de concorrer a estas axudas quen se atope en situación de estadía.
2.Ter finalizados os estudos do Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras ou Diploma Superior de Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
3. Ter formalizada a matrícula para a realización de estudos complementarios para a obtención no curso 2019/20 dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.
4. Posuír o nivel de idiomas requirido no centro en que se formalice a matrícula.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.