CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
Obxecto
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2020 e realizar a súa convocatoria. Os programas e as actividades de acción voluntaria presentados polas entidades de carácter privado e sen ánimo de lucro deberán desenvolverse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Entidades beneficiarias
Entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2020.
Outros datos
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de persoas beneficiarias. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias con que se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada unha das persoas voluntarias e do número de días que participará cada unha delas, así como dun orzamento desagregado do custo de todas as actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso doutra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.
A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. A contía da axuda por proxecto calcularase de forma proporcional á puntuación obtida, de acordo cos criterios de valoración do artigo 12 da orde de convocatoria, ata esgotar o crédito dispoñible.