viernes, 5 de abril de 2019

ADHESION A MARCA FEST GALICIA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Ámbito obxectivo, tipoloxía e necesidade que se satisfai.
O obxecto desta convocatoria, pública e aberta, é ofrecer a posibilidade de adhesión de festivais de música á marca Fest Galicia e de realizar contratos privados de patrocinio para a celebración de festivais de música consolidados que se celebren entre o 1 de xuño de 2019 ata o 30 de setembro de 2019 e que xeren un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia, Xacobeo Galicia 2021 e difundan a campaña Agresión Off, eu digo non á violencia sexual, mellorando o posicionamento de Galicia como destino musical.
O ámbito territorial esténdese a toda Galicia.
A finalidade da realización da convocatoria é difundir a imaxe de Galicia vinculada á actividade desenvolvida polas entidades privadas e que, pola súa importancia e relevancia en canto o público que participe e a súa repercusión nos medios de comunicación, supoñan unha vía para dar publicidade ás marcas Fest Galicia, Xacobeo Galicia 2021 e para a difusión da campaña contra a violencia sexual Agresión Off.
Polo tanto, o elemento fundamental do contrato de patrocinio é a repercusión mediática para as marcas.
O obxectivo principal destes festivais é promover a industria cultural galega, creando valor engadido nos festivais musicais galegos a través da adopción das medidas necesarias para posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promover os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e ambiental e visibilizar boas prácticas que sirvan como referencia para o sector.

Ámbito subxectivo.
A convocatoria vai dirixida ás entidades privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora e conten cos seguintes requisitos:
– Que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2019.
– Que teñan realizado con anterioridade unha primeira edición.
– Que teñan un orzamento superior aos 100.000 euros (sen IVE) na edición de 2018.
– Que programen un mínimo de tres artistas por día durante, cando menos, dous días consecutivos.
– Que o 95 % da súa capacidade sexa cuberta por medio de entradas postas á venda ao público en xeral, conforme prezos medios de mercado.
– Que os promotores reúnan os requisitos de capacidade para contratar co sector público.
– Que implanten algunha medida preventiva ou coercitiva fronte a posibles impactos ambientais como medidas contra a xeración de residuos, emisións á atmosfera, xeración de ruídos, eficiencia enerxética, utilización de produtos reciclados ou reutilizados.
– Que cumpran a normativa básica en materia de espectáculos públicos e demais lexislación aplicable.
Esta convocatoria parte da base de que son os promotores do festival quen asume a organización, por iso, solicitan a achega para apoiar a súa celebración, xa que consideran que pode ter repercusión na estratexia cultural e turística e que a achega pública mellora a rendibilidade, en concepto de imaxe e notoriedade.
No suposto de entidades que xestionen diversos festivais, deben presentar unha solicitude para cada evento concreto para o cal soliciten o patrocinio.
Serán de conta do patrocinado a obtención das oportunas autorizacións, permisos e licenzas, así como a obtención dos dereitos derivados da propiedade intelectual xerados como consecuencia da execución dos festivais, e correrá pola súa conta o aboamento de tales dereitos e responderán fronte aos titulares pola súa utilización ilexítima. É tamén responsabilidade do adxudicatario o aboamento do pagamento dos seus dereitos de propiedade intelectual aos autores ou entidades de xestión que os representen.