ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DAS AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E DO PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN E ÁS SÚAS ENTIDADES PROMOTORAS 2025
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito previsto na Orde do 16 de maio de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do Programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N, TR341M, TR341V, TR356A e TR356C).