Instituto Galego da Vivenda e Solo
lunes, 29 de septiembre de 2025
AXUDAS ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS E ASOCIACIÓNS AGRARIAS 2025
Consellería do Medio Rural
DATAS, LUGAR E HORARIO DAS PROBAS DIRIXIDAS Á OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E POR FERROCARRIL
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
DATAS, LUGAR E HORARIO DAS PROBAS DIRIXIDAS Á RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E FERROCARIL
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
miércoles, 24 de septiembre de 2025
XORNADA FORMATIVA: REAPROVEITAMENTO ALIMENTARIO
A Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias,
AGACA, conxuntamente coa Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, AEIGA,
convídanvos a participar na Xornada
Reaproveitamento Alimentario, oportunidades de negocio.
A principios do presente ano publicouse a Ley 1/2025, de 1 de abril, de prevención de las pérdidas y el desperdicio alimentario. A Lei1/2025 afecta a tódolos axentes da Cadea Alimentaria, dende a produción primaria (agricultores, gandeiros) e a transformación (industrias alimentarias), ata a distribución (maioristas e minoristas), o sector da hostalería e restauración (HORECA), e as entidades da economía social que se dedican á doazón de alimentos, así como ás administracións públicas, coa excepcións para as microempresas e pequenas explotacións agrarias, ou empresas de ata 1.300 m² de superficie útil comercial.
Por este motivo, dúas entidades da representativas da Economía Social de Galicia propuxémonos colaborar coa finalidade de compartir un proxecto conxunto acollido ás axudas da Rede Eusumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para avaliar as oportunidades de negocio que poidan xurdir no Reaproveitamento Alimentario (motivo deste convite á Xornada) e estudar as perdas e o desperdicio alimentario no ámbito agroalimentario de Galicia (Xornada que convocaremos a finais de outubro).
O Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA considera que a perda e o
desperdicio alimentario é unha oportunidade para explorar a posibilidade e
mesmo establecer proxectos empresariais colaborativos entre as empresas de
inserción laboral e as cooperativas agroalimentarias. Por iso, animamos a
tódalas persoas interesadas en coñecer esta Lei 1/2025 de prevención da perda e
o desperdicio alimentario e as sinerxías que promove a mesma entre entidades da
Economía Social a inscribirse, antes do día 2 de outubro, en https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScEHjPJEyBYWYtS8M_aX2WNOEkEris_IUV5pGWtWvYW60155g/viewform
martes, 23 de septiembre de 2025
PREMIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL CORRESPONDENTES AO CURSO 2024/25
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
lunes, 22 de septiembre de 2025
MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A PRODUCIÓN E COPRODUCIÓN DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS GALEGOS, 2025
Axencia Galega das Industrias Culturais
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR DE GALICIA CURSO 2023/24
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
viernes, 19 de septiembre de 2025
jueves, 18 de septiembre de 2025
ESCAPARATE VIRTUAL DE PROXECTOS E SERVIZOS MÁIS IMPACTADOS POLOS LUMES
Dende a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ponse en marcha un novo espazo de apoio ás persoas autónomas e ás empresas galegas afectadas polos incendios do verán de 2025.
Co obxectivo de axudarlles a remontar e retomar a súa actividade, crearon un escaparate virtual que permite dar visibilidade aos proxectos e servizos máis impactados polos lumes. O acceso ao escaparate atópase no seguinte enlace: https://escaparate.empregoengalicia.gal/
Inclúe a información sobre o proxecto e os pasos a seguir para solicitar a
alta no directorio a través dun formulario que xa se encontra dispoñible.
Este espazo nace para revitalizar o tecido económico local e achegar estas iniciativas a un público máis amplo, favorecendo así a súa recuperación e fortalecemento.
En 4 sinxelos pasos as persoas que están ao fronte do seu propio proxecto ou prestan servizos e a súa actividade se viu afectada polos incendios, teñen a oportunidade de mellorar a visibilidade deste traballo, acceder a novos públicos e integrarse nunha rede de apoio mutuo para a reactivación económica dos territorios máis impactados.
miércoles, 17 de septiembre de 2025
ATLIC BLUE SPRINT
SUBVENCIÓNS PARA A ELABORACIÓN E EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE VOLUNTARIADO INTERXERACIONAL NO MEDIO RURAL
viernes, 12 de septiembre de 2025
SUBVENCIÓNS OBTENCIÓN E/OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA E/OU MARCA S DE SUSTENTABILIDADE TURÍSTICA 2025
Axencia de Turismo de Galicia
AXUDAS VINNOVATE GALICIA 2025
Axencia Galega de Innovación
2ª CONVOCATORIA 2025 DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 2,3 E 4
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
miércoles, 10 de septiembre de 2025
PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX) NO SEU NIVEL DE INICIACIÓN
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
PREMIOS FIN DE CARREIRA PARA O ALUMNADO QUE REMATOU ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES NO CURSO 2024/25
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
martes, 9 de septiembre de 2025
BOLSAS GALICIA EUROPA
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
lunes, 8 de septiembre de 2025
BOLSAS SANTADER PREMIOS Á EXCELENCIA ACADÉMICA PARA O ESTUDANTADO QUE INICIA ESTUDOS DE GRAO E MASTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DE VIGO CURSO 2025-2026
Universidade de Vigo
BOLSAS SANTANDER 2025 PARA ESTUDANTADO QUE INICIOU ESTUDOS DE DOUTORAMENTO NA UNIVERSIDADE DE VIGO NO CURSO 2024-2025
Universidade de Vigo
AXUDAS AO FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS EN COMÚN EN RÉXIME ASOCIATIVO 2025
Consellería do Medio Rural
ObxectoEsta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias formadas por persoas titulares de explotacións agrarias.
Investimentos elixibles
Serán elixibles os investimentos produtivos que teñan como obxectivo contribuír a:
a) Accións de mitigación ou adaptación ao cambio climático.
b) Investimentos para a xestión eficiente dos recursos auga, solo e aire.
c) Mellora da eficiencia enerxética e produción de enerxías verdes.
d) Investimentos para a mellora do benestar animal.
e) Investimentos en medidas de bioseguridade nas explotacións agrarias.
Porcentaxe e contía máxima da axuda
1. O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
a) 10 % no caso de proxectos estratéxicos de interese xeral para a comunidade autónoma.
b) 10 % no caso de entidades con máis do 30 % de titulares de explotacións agrarias de produción ecolóxica.
c) 5 % cando máis do 50 % das persoas socias titulares de explotacións agrarias sexan mulleres ou acrediten máis do 50 % do capital social.
2. No caso de investimentos en explotacións intensivas, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base.
3. A contía máxima da axuda establécese en 3.000.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
AXUDAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO PARA A MATRÍCULA NUN MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
jueves, 4 de septiembre de 2025
OPORTUNIDADE DE NEGOCIO: PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA
Xornada sobre Oportunidade de
Negocio de PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA, que se desenvolverá o día 17 de setembro
(mércores) de 2025 en modo ONLINE. Esta Xornada é para tratar de
informar, posibilitar, avaliar, asesorar e orientar ás persoas na PRODUCIÓN DE
MAZÁ DE SIDRA e/ou inquedanzas nesta produción e en obter ingresos
económicos do agro, e buscar unha saída económica e/ou laboral no medio rural,
ou mesmo para complementar ingresos e actividades que xa están a desenvolver no
mesmo ocupando terras e mesmo temporadas de baixa actividade. Na Xornada
interveñen persoas expertas neste ámbito, e mesmo persoas e asociacións que nos
contarán a súa experiencia na PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA. Na Xornada
contémplase un análise e plan de como debe ser a produción de mazá de sidra
dendê un centro de investigación de Galicia, e mesmo como deben ser os
contratos cos llagares, os custos de produción, as posibles e
necessárias axudas PAC, etc. Achegamos programa previsto.
Para poder asistir e participar na Xornada
PRODUCIÓN DE MAZÁ DE SIDRA é preciso inscribirse previamente, para aceder á conexión
deben inscribirse aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/qX7z3V9oSQW7ruHDeTK0Yw#/registration
Procedan a inscribirse para recibir o
enlace á videoconferencia e poder participar. Pregamos non se esquezan de
inscribirse se desexan participar.
BONO CONCILIA FAMILIA 2025
Consellería de Política Social e Igualdade
miércoles, 3 de septiembre de 2025
(E-MARTES) USO DE CERTIFICADOS DIXITAIS NA XUNTA DE GALICIA
Escola Galega de Administración Pública
martes, 2 de septiembre de 2025
MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS QUE CAUSAN DETERMINADAS ESPECIES DE FAUNA SILVESTRE 2025
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
PREMIOS DO PROGRAMA XUVENTUDE CREA 2025
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude





.png)
.png)

