miércoles, 28 de septiembre de 2022

AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES B, C E D Á MOCIDADE GALEGA 2022

 
                                                           CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE


Obxecto
Establecer as bases reguladoras das axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade, e convocar para o ano 2022.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas mozas que na data de presentación da súa solicitude cumpran os seguintes requisitos:
a) Teñan cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
b) Estean empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estean inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e figuren como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Teñan o/os permiso/s para o/os cal/es se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, ao non ser necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas, e concederánselles a todas aquelas persoas solicitantes que reúnan os requisitos exixidos. Se o orzamento previsto na orde non é suficiente para proceder ao pagamento de todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación.
O gasto subvencionable é a suma a tanto alzado de obtención dos permisos de condución obxecto da orde. A xustificación da suma a tanto alzado realizarase en función da xustificación da obtención do/dos permiso/s de condución obxecto da solicitude, que se exixe como requisito das persoas solicitantes no artigo 5.d).
A xustificación da axuda presentarase no prazo de 10 días hábiles contado a partir da notificación da resolución de concesión.